Incursión Doolittle
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Incursión Doolittle | |
---|---|
Parte de: ataques aéreos sobre Xapón na SGM ![]() | |
![]() | |
Instancia de | ataque aéreo ![]() |
Resultado |
|
Composto por
| |
Data | |
Data | 18 de abril de 1942 ![]() |
Implicados | |
Participantes
| |
Número de implicados | |
No mortes | 87 ![]() |
Localización | |
Localización | Região Metropolitana de Tóquio (pt) ![]() ![]() |
Coordenadas | 35°N 154°L / 35, 154 |
País | Imperio do Xapón ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
A incursión Doolittle, tamén coñecida como incursión a Tokyo, realizada o 18 de abril de 1942, foi o primeiro ataque aéreo dos Estados Unidos en golpear o arquipélago xaponés (concretamente a illa de Honshu) durante a segunda guerra mundial. Ao demostrar que o propio Xapón era vulnerable a un ataque a éreo estadounidense, proporcionou unha importante inxección de moral e a posibilidade de represalias tras o ataque a Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941. A incursión foi planeada e liderada polo tenente coronel James "Jimmy" Doolittle, da Forza Aérea dos Estados Unidos. Doolittle contaría posteriormente na súa autobiografía que o ataque estaba destinado a reforzar a moral estadounidense e facer que os xaponeses comezasen a dubidar do seu liderado:
Os xaponeses dixeran que eran invulnerables ... Un ataque á patria xaponesa podería causar confusión nas mentes dos xaponeses e sementar dúbidas sobre a fiabilidade dos seus líderes. Houbo unha segunda, e igualmente importante, razón psicolóxica para este ataque ... os estadounidenses precisaban dunha importante inxección de moral.
Dezaseis bombardeiros medios B-25B Mitchell foron lanzados dende o portaavións USS Hornet no oeste do océano Pacífico. O plan era bombardear obxectivos militares no Xapón e continuar cara ao oeste para aterrar na China (facer aterrar un bombardeiro medio no Hornet era imposible). Todos os avións involucrados no bombardeo perdéronse, e 11 dos seus tripulantes morreron ou foron capturados (3 dos capturados foron executados polo exército xaponés na China). Un dos B-25 aterrou en Vladivostok,na Unión Soviética, onde foi confiscado e a súa tripulación internada durante máis dun ano. Trece tripulacións enteiras, e tada menos un home do avión número 14, regresaron.
A incursión causou danos materiais insignificantes ao Xapón, pero foi un éxito no seu obxectivo de axudar á moral estadounidense, e poñer en dúbida a capacidade dos líderes militares xaponeses. Tamén fixo que o Xapón retirase a súa potente forza de portaavións do océano Índico para defender as súas illas, e a incursión contribuíu á decisión do almirante Isoroku Yamamoto de atacar Midway, un ataque que resultou nunha derrota decisiva para a Armada Imperial Xaponesa.
Aproximadamente 250.000 civís chineses foron masacrados polo exército xaponés no leste da China como represalia por axudar aos aviadores estadounidenses capturados a escapar.